Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2023.

Individualización dos rendementos do traballo

De acordo co que se dispón no artigo 11.2 da Lei do IRPF, os rendementos do traballo corresponden exclusivamente á persoa que, co seu traballo, xerase o dereito a percibiros.

Non obstante, as pensións, haberes pasivos e demais prestacións percibidas dos sistemas de previsión social corresponderán integramente á persoa en cuxo favor estean recoñecidos.

Polo tanto, as prestacións derivadas dos plans de pensións tributan no IRPF exclusivamente en sede do beneficiario, como rendementos do traballo, e polo importe total percibido.