Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2023.

Introdución

Malia ser única a definición legal dos rendementos de actividades económicas a que  recolle no artigo 27.1 da Lei do IRPF, é preciso diferenciar dentro dos mesmos os derivados do exercicio de actividades empresariais e profesionais e, dentro das primeiras (actividades empresariais), as de natureza mercantil e non mercantil.

A importancia destas distincións radica no diferente tratamento fiscal duns e outros rendementos, en aspectos tan sinalados como son a suxeición a retención ou a ingreso a conta, as obrigas de carácter contable e rexistral a cargo dos titulares das devanditas actividades e a declaración separada dos mesmos.

Non obstante, o modelo de declaración do IRPF  atendendo a necesidade reclamada por parte do colectivo de contribuíntes titulares de actividades económicas e dos colaboradores sociais, adoptou desde o exercicio 2021 unha codificación ou nomenclatura de tipos de actividades, única e común para as principais figuras tributarias, coa finalidade de harmonizar e homoxeneizar os códigos utilizados para o rexistro dos datos e facilitar  o fluxo de información, indispensables para  optimizar  a xestión dos diferentes impostos que lles afectan, a súa axeitada coordinación cos censos tributarios e rexistros esixidos para o cumprimento das súas obrigas fiscais e, finalmente, mellorar a asistencia a este colectivo no exercicio dos seus dereitos e no cumprimento das súas obrigas.

Por iso, desde o exercicio 2021 incluíronse  na formalización da declaración do IRPF novo códigos e tipos de actividades económicas, co propósito de estendero gradualmente a outras declaracións tributarias. Véxanse ao respecto os tipos e claves de actividades económicas  no IRPF que se comentan no apartado correspondente deste Capítulo.