Concepto e ámbito de aplicación do método de estimación directa
Normativa: Arts. 16.2 a) e 30.1 Lei IRPF
A estimación directa constitúe o método xeral para a determinación da contía dos distintos compoñentes da base impoñible do IRPF, entre os cales se inclúen, obviamente, os derivados do exercicio de actividades económicas. Este método baséase nas declaracións presentadas polo contribuínte, así como nos datos consignados nos libros e rexistros contables que está obrigado a levar, comprobados pola Administración tributaria.
Cando se trata da determinación do rendemento de actividades económicas no IRPF o método de estimación directa admite dúas modalidades : normal e simplificada.