Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2023.

Regras de amortización

A. Base de amortización

A base da amortización está constituída polo prezo de adquisición do elemento, incluídos  os gastos adicionais que se produzan ata a súa posta en condicións de funcionamento,  ou polo seu custo de produción, excluído, se é o caso, o valor residual. No suposto de adquisición  de bens e posterior afectación á actividade económica desenvolvida, a amortización  tomará como base o valor de adquisición que tivesen os bens no momento da afectación.

B. Inicio do cómputo da amortización

A amortización efectuarase a partir da posta en condicións de funcionamento do elemento  se pertence ao inmobilizado material ou investimentos inmobiliarios, ou desde o momento  en que estean en condicións de producir ingresos se pertence ao inmobilizado intanxible.

Con esta finalidade, teñase en conta o apartado 3.6.2 da Resolución do 1 de marzo de 2013, do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas, pola que se ditan normas de rexistro e valoración do inmobilizado material e dos investimentos inmobiliarias (BOE do 8 de marzo), que establece que “con carácter xeral entenderase que a posta en condicións de funcionamento producirase no momento en que os bens do inmobilizado, despois de superar unha montaxe, instalación e probas necesarias, estean en condicións de participar normalmente no proceso produtivo ao que están destinados”.

C. Amortización do inmobilizado intanxible

A partir  do 1 de xaneiro de 2016 todos os inmobilizados intanxibles pasan a considerarse activos  de vida útil definida e son amortizables aplicandose os seguintes criterios:

  • Con carácter xeral, o inmobilizado intanxible amortizarase atendendo á súa vida útil. 

  • Non obstante, cando a mesma non poida estimarse de maneira fiable, a amortización será  deducible co límite anual máximo da vinteava parte do seu importe (o 5 por 100).

Así mesmo, a amortización do fondo de comercio será deducible co límite anual máximo  da vinteava parte do seu importe (o 5 por 100).

Agora ben ten que terse en conta que o artigo 39 do Código de Comercio na redacción dada pola disposición final primeira da Lei 22/2015, do 20 de xullo, de Auditoría de Contas (BOE do 21 de xullo) aplicable aos exercicios que comecen a partir do 1 de xaneiro de 2016, dispón que os inmobilizados intanxibles son activos de vida útil definida e que cando a vida útil destes activos non poida estimarse de maneira fiable amortizaranse nun prazo de 10 anos, non sendo que outra disposición legal ou regulamentaria estableza un prazo diferente. 

No caso do fondo de comercio, o citado artigo 39 do Código de Comercio sinala que  unicamente poderá figurar no activo do balance cando se adquirise a título oneroso e  presumirase, agás proba en contrario, que a vida útil do fondo de comercio é de dez anos. 

Como consecuencia do anterior nos inmobilizados intanxibles en que non poida estimarse  de maneira fiable a súa vida útil e no caso do fondo de comercio, a amortización contable será  do 10 por 100 mentres que a amortización fiscal será do 5 por 10, polo que nos exercicios  undécimo ao vixésimo non haberá gasto contable por amortización, pero si amortización fiscal. 

Atención:  téngase en conta que ata o 31 de decembro de 2015 a deducibilidade fiscal dos activos inmateriais de vida útil indefinida, incluído o fondo de comercio, realizábase non a través da amortización senón a través das correccións valorativas que procedía practicar pola súa posible "deterioración".  Por iso, cando se produce a reversión dunha deterioración ou corrección de valor que fose fiscalmente deducible, débese incluír o importe correspondente á reversión da deterioración ou corrección de valor  co límite que  establece  a disposición transitoria décimo quinta da LIS, cuxo comentario se realiza no apartado sobre "Perdas por deterioración do valor dos elementos patrimoniais" deste Capítulo.

D. Elementos patrimoniais usados

Tratandose de elementos patrimoniais do inmobilizado material e investimentos inmobiliarios que se adquiran usados, é dicir, que non sexan postos en condicións de funcionamento por primeira vez, o cálculo da amortización a aqueles casos en que se utiliza a amortización por táboas efectuarase de acordo cos seguintes criterios:

  1. Se se toma como base da amortización o valor de adquisición do elemento usado, o  coeficiente máximo utilizable será o dobre do coeficiente de amortización lineal máximo  fixado na táboa de amortización. 

  2. Se se toma como base de amortización o prezo de adquisición ou custo de produción  orixinaria, aplicarase o coeficiente de amortización lineal máximo fixado nas táboas de  amortización para o devandito elemento. 

  3. Se non se coñece o prezo de adquisición ou custo de produción orixinaria, o contribuínte  poderá determinar aquel pericialmente, e unha vez fixado, procederase de acordo co  previsto na letra anterior.

Con esta finalidade, non terán a consideración de elementos patrimoniais usados os edificios  cuxa antigüidade sexa inferior a dez anos.

E. Exceso de amortizacións

A dotación nun exercicio de amortizacións superiores ás permitidas fiscalmente non constitúe  gasto deducible, sen prexuízo de que o exceso poida sero en períodos posteriores. 

Importante: o artigo 7 da Lei 16/2012, do 27 de decembro, pola que se adoptan diversas medidas tributarias dirixidas á consolidación das finanzas públicas e ao impulso da actividade económica (BOE do 28 de decembro) estableceu para os contribuíntes que non cumprían os requisitos para ser considerados de empresas de reducida dimensión, unha limitación á deducibilidade da amortización contable do inmobilizado material, intanxible e dos investimentos inmobiliarias nos exercicios 2013 e 2014 de ata o 70 por 100 do importe que resultase fiscalmente deducible por aplicación dos sistemas  xerais de amortización ou o previsto para elementos do inmobilizado intanxible  con vida útil definida. A amortización contable que non resultou fiscalmente deducible (o  30 por 100) pódese deducir desde 2015 de forma lineal durante un prazo de dez anos ou,  opcionalmente, durante a vida útil do elemento patrimonial.

Precisión: a disposición derrogatoria 2.z) da LIS declara vixente o artigo 7 da Lei 16/2012 canto ao Imposto sobre Sociedades.