Actividade de transporte por autotaxis (epígrafe IAE: 721.2)
Normativa: Instrución 2.3 a.2) Orde HFP/1172/2022, do 29 de novembro (BOE do 1 de decembro).
Poboación do municipio en que se exerce a actividade | Índice aplicable |
---|---|
Ata 2000 habitantes | 0,75 |
De 2001 ata 10.000 habitantes | 0,80 |
De 10.001 ata 50.000 habitantes | 0,85 |
De 50.001 ata 100.000 habitantes | 0,90 |
Máis de 100.000 habitantes | 1,00 |
Cando, por exercerse a actividade de transporte por autotaxis en varios municipios, exista a posibilidade de aplicar máis dun índice dos anteriormente sinalados, aplicarase un único índice, que será o correspondente ao municipio de maior poboación.
Teñase en conta que a Resolución do Tribunal Económico-administrativo Central (TEAC) do 20 de setembro de 2022, Reclamación número 00-09398-2021, recaída en recurso extraordinario de alzada para a unificación de criterio, sinalou que a actividade económica de alugamento de vehículo con condutor a través dunha licenza VTC compréndese no Epígrafe 721.2 do IAE, baixo o título "Transporte por autotaxis" e, por iso, considérase incluída no método de estimación obxectiva do IRPF.