Regras para a aplicación dos índices correctores: orde de aplicación e incompatibilidades
Os índices correctores aplícanse na orde en que acaban de indicarse, que é a orde en que aparecen na declaración, sempre que non sexan incompatibles entre si, sobre o rendemento neto minorado ou, se é o caso, sobre o rectificado por aplicación dos mesmos.
As incompatibilidades entre os diferentes índices correctores son as seguintes:
-
O índice corrector para empresas de pequena dimensión non será aplicable ás actividades para as que estean previstos índices correctores especiais, a excepción do aplicable á actividade de comercio polo miúdo de prensa, revistas e libros en quioscos situados na vía pública (epígrafe IAE: 659.4).
-
Cando resulte aplicable o índice corrector para empresas de pequena dimensión non se aplicará o índice corrector de exceso.
-
Cando resulte aplicable o índice corrector de tempada non se aplicará o índice corrector por inicio de novas actividades.