5. Outras percepcións empresariais
Normativa: Véxase norma común 3 do Anexo III Orde HFP/1172/2022, do 29 de novembro (BOE do 1 de decembro).
O rendemento neto de módulos deberá incrementarse no importe correspondente a outras percepcións empresariais tales como as subvencións correntes e de capital.
Os criterios de imputación temporal das subvencións correntes e de capital coméntanse no Capítulo 7 deste Manual.
Importante: teña en conta que tributan como subvencións correntes as axudas directas ao sector de transportes por estrada prevista nos artigos 34 e 38 do Real Decreto-lei 20/2022, do 27 de decembro (BOE do 28 de decembro).
A diferenza das anteriores as prestacións percibidas da Seguridade Social por incapacidade temporal, risco durante o embarazo ou invalidez provisional, se é o caso, tributan como rendementos do traballo.
Covid 19 : en caso de concesión de axudas ou subvencións polas Comunidades Autónomas co obxectivo de favorecer o mantemento da actividade económica dos autónomos ante os efectos das medidas adoptadas para facer fronte á epidemia de Covid-19, en canto non teñen encaixe noutros conceptos do IRPF e o seu obxecto é compensar a diminución de ingresos obtidos na actividade económica, cualificaranse como rendementos de actividades económicas (subvencións correntes) e deben imputarse ao exercicio en que se conceden, non sendo que se optase polo criterio de cobramentos e pagamentos para a imputación temporal dos rendementos da actividade.