1. Redución xeral: 10 por 100
Normativa: disposición adicional quincuaxésimo cuarta Lei IRPF e disposición adicional primeira Orde HFP/1172/2022, do 29 de novembro (BOE do 1 de decembro).
Para 2023 estableceuse unha redución do rendemento neto de módulos do 10 por 100 aplicable con carácter xeral a todos os contribuíntes que determinen o rendemento neto da súa actividade polo método de estimación obxectiva.