Redución por adquisición de gasóleo agrícola: 35 por 100
Atención: esta redución constitúe unha medida excepcional que poderá ser aplicada polos titulares de actividades agrícolas e gandeiras en estimación obxectiva nos exercicios 2022 e 2023 para paliar o efecto producido polo incremento do prezo dos insumos de explotación nas actividades agrícolas e gandeiras.
Normativa: Disposición adicional sétima Orde HFP/1172/2022, do 29 de novembro (BOE do 1 de decembro)
Porcentaxe de redución:
35 por 100 do prezo de adquisición do gasóleo agrícola necesario para o desenvolvemento das actividades agrícolas e gandeiras.
Teñase en conta que NON forman parte do devandito prezo de adquisición do gasóleo:
-
Nin a bonificación extraordinaria e temporal de 0,20 euros no prezo de venda ao público de determinados produtos enerxéticos e aditivos, de aplicación xeral ou automática a calquera persoa que adquira os produtos enerxéticos sen necesidade de solicitar a bonificación establecida nos artigos 15 ao 20 do Real Decreto-lei 6/2022.
-
Nin a cota do Imposto sobre Hidrocarburos susceptibles de devolución parcial polo artigo 52 ter da Lei 38/1992, do 28 de decembro, de Impostos Especiais,
Atención: teñase en conta que a cota do Imposto sobre Hidrocarburos susceptibles de devolución parcial polo artigo 52 ter da Lei 38/1992, do 28 de decembro (BOE do 29 de decembro), de Impostos Especiais non forma parte do prezo de adquisición do gasóleo agrícola, sobre o que se aplica a mencionada redución.
Requisitos para aplicar a redución:
-
Que se trate de adquisicións de gasóleo agrícola efectuadas no exercicio 2023 e documentadas en facturas emitidas no propio exercicio.
-
Que o devandito prezo apareza debidamente documentado nas facturas expedidas con motivo da súa adquisición.
-
Que as devanditas facturas cumpran os requisitos previstos no artigo 6.1 do Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación, aprobado por Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro.
Véxase os requisitos que toda factura e as súas copias deben conter de acordo co que se dispón no artigo 6.1 do Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación, no Capítulo 10 do Manual práctico IVE 2023 ("Obrigas formais dos suxeitos pasivos do IVE: Facturas e Libros Rexistro", no apartado "Obrigas en materia de facturación".