Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2023.

Especial referencia ás subvencións e axudas públicas que se cualifican como ganancia patrimonial

SUBVENCIÓNS E AXUDAS PÚBLICAS

Cualificaranse como ganancia patrimonial as SUBVENCIÓNS:

a) Cando a súa obtención está ligada a un elemento patrimonial non afecto a actividade económica. Entre outras:

  • Subvencións por adquisición ou rehabilitación de vivenda habitual (recadros [0299] e [0300])
  • Subvencións pola reparación de defectos estruturais na vivenda habitual (recadro [0300])
  • Axudas públicas para o pagamento do IBI (recadro [0301])
  • Axudas públicas derivadas do Plan Renove dos bens de que se trate (electrodomésticos, caldeiras, xanelas, aire acondicionado etc.) (recadro [0301])
  • Axudas públicas para a instalación de ramplas, ascensores, aínda que se instalen para mellorar a mobilidade (recadro [0301])
  • Axudas públicas á adquisición de vehículos sostibles (MOVES III 2023) cando os beneficiarios son contribuíntes do IRPF que non realizan ningunha actividade económica  (recadro [0301])

Estas subvencións públicas aínda que están ligadas a un elemento patrimonial non derivan da súa transmisión e, polo tanto, deben ser incluídas na declaración de IRPF no apartado F1 dentro doutras "ganancias e perdas patrimoniais que non derivan da transmisión de elementos patrimoniais”.

b) Cando a súa obtención non está ligada a un elemento patrimonial, e non se cualifica como rendemento do traballo ou da actividade económica, por exemplo:

  • Axudas públicas ao alugamento (recadro [0303])
  • A "Axuda de 200 euros a persoas físicas de baixo nivel de ingresos e patrimonio" (recadro [0356]), regulada no artigo  artigo 74 do Real Decreto-lei 20/2022, do 27 de decembro
  • O "Bono Social Térmico" (recadro [0301])
  • Bono Cultural Joven (recadro [0323])
  • Outros bonos culturais (recadro [0304])
  • Axudas públicas aos titulares de bens integrantes do Patrimonio Histórico Español destinado á súa conservación ou rehabilitación. (recadro [0266])
  • Axudas públicas para a primeira instalación de mozos agricultores previstas no Marco Nacional de Desenvolvemento Rural destinadas á adquisición dunha participación no capital de empresas agrícolas.(recadro [0279])