En xeral: transmisión de valores non cotizados
Norma específica de valoración
Cando a alteración no valor de patrimonio proceda da transmisión a título oneroso de valores non admitidos a negociación nalgún dos mercados regulados de valores definidos na Directiva 2014/65/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativa aos mercados de instrumentos financeiros (DOUE do 12 de xuño), que sexan representativos da participación en fondos propios de sociedades ou entidades, a ganancia ou perda patrimonial computarase pola diferenza entre o seu valor de adquisición e o valor de transmisión.
Teñase en conta que o artigo 37.1.b) da Lei do IRPF refírese aos valores definidos na Directiva 2004/39/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de abril de 2004, relativa aos mercados de instrumentos financeiros, pero a devandita Directiva foi derrogada con efectos do 3 de xaneiro de 2017 pola Directiva 2014/65/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativa aos mercados de instrumentos financeiros. Esta, no seu artigo 94, dispón que as referencias á Directiva 2004/39/CE entenderanse feitas á Directiva 2014/65/UE.
• Valor de transmisión
Considerarase como valor de transmisión, agás proba de que o efectivamente satisfeito correspóndese co que convirían partes independentes en condicións normais de mercado, o maior dos dous seguintes:
-
O valor do patrimonio neto que corresponda aos valores transmitidos resultante do balance correspondente ao último exercicio cerrado con anterioridade á data da devindicación do IRPF.
-
O que resulte de capitalizar ao tipo do 20 por 100 o termo medio dos resultados dos tres exercicios sociais cerrados con anterioridade á data de devindicación do IRPF. A este último efecto, computaranse como beneficios os dividendos distribuídos e as asignacións a reservas, excluídas as de regularización ou de actualización de balances.
O valor de transmisión así calculado tera en contase para determinar o valor de adquisición dos valores ou participacións que corresponda ao adquirente.
Esta regra non é de aplicación cando, ao haberse constituído a sociedade participada no primeiro ou segundo exercicio social cerrado con anterioridade á data da devindicación do IRPF, a esta última data non se dispón dos resultados dos "tres exercicios sociais cerrados con anterioridade á data da devindicación do IRPF ".
Pola contra, esta regra si é de aplicación cando a sociedade participada estivese inactiva non obtendo perda ou beneficio nalgún ou algúns dos tres exercicios sociais cerrados con anterioridade á data de devindicación do IRPF, debendose tomar como resultado nulo o do exercicio ou exercicios en que estivese inactiva, e a continuación promediando por tres. Resolución do Tribunal Económico-administrativo (TEAC) do 26 de abril de 2022, Reclamación número 00/7287/2021, recaída en recurso extraordinario de alzada para a unificación de criterio.
• Valor de adquisición
Na determinación do valor de adquisición deben terse en conta as seguintes particularidades:
-
Valor de adquisición en caso de transmisión de dereitos de subscrición.
Para determinar o valor de adquisición das accións transmitidas unicamente deducirase o importe dos dereitos de subscrición alleada antes do 23 de marzo de 1989, data de entrada en vigor do Real Decreto-lei 1/1989, do 22 de marzo (BOE do 23 de marzo).
O alleamento de dereitos de subscrición preferente derivados desta clase de accións determina que o importe obtido teña en todo caso a consideración de ganancia patrimonial para o transmitente no período impositivo en que se produza a devandita transmisión, sen que poida computarse, nestes casos, un valor de adquisición dos devanditos dereitos e para o que se tomará como período de permanencia o comprendido entre o momento da adquisición do valor de que proceda o dereito e o da transmisión deste último.
-
Valor de adquisición das accións parcialmente liberadas.
Cando se trate de accións parcialmente liberadas, o valor de adquisición das mesmas será o importe realmente satisfeito polo contribuínte.
-
Valor de adquisición das accións totalmente liberadas.
No caso de accións totalmente liberadas, o valor de adquisición, tanto destas como de que procedan, será o que resulte de repartir o custo total entre o número de títulos, tanto os antigos coma os liberados que correspondan. Estes últimos terán, para os efectos do período de permanencia, a mesma antigüidade que as accións de procedencia.
• Identificación dos títulos transmitidos
Para poder individualizar os títulos alleados, especialmente cando non se transmitise a totalidade dos posuídos, a Lei establece un criterio especial, segundo o cal cando existan valores homoxéneos e non se alleen todos, enténdese que os transmitidos polo contribuínte son aqueles que adquiriu en primeiro lugar (criterio FIFO).