Comunidade Autónoma de Andalucía: Importes do mínimo persoal e familiar
Normativa: Art. 23 bis Lei 5/2021, do 20 de outubro, de Tributos Cedidos da Comunidade Autónoma de Andalucía
Establécense os seguintes importes dos mínimos do contribuínte, por descendentes, por ascendentes e por discapacidade, que deben aplicar os contribuíntes residentes no territorio da Comunidade Autónoma de Andalucía para o cálculo do gravame autonómico:
Mínimo do contribuínte
-
5.790 euros anuais con carácter xeral.
-
Máis 1.200 euros anuais por contribuínte maior de 65 anos.
-
Adicionalmente 1.460 euros anuais por contribuínte maior de 75 anos.
Mínimo por descendentes
-
2.510 euros anuais polo primeiro descendente.
-
2.820 euros anuais polo segundo.
-
4.170 euros anuais polo terceiro.
-
4.700 euros anuais polo cuarto e seguintes.
Cando un descendente sexa menor de tres anos, a contía que corresponda ao mínimo por descendentes, das indicadas anteriormente, aumentarase en 2.920 euros anuais.
Mínimo por ascendentes
-
1.200 euros anuais por cada ascendente de idade superior a 65 anos ou con discapacidade calquera que sexa a súa idade.
-
Máis 1.460 euros anuais por cada ascendente maior de 75 anos.
Mínimo por discapacidade do contribuínte e de ascendentes ou descendentes
-
3.130 euros anuais por cada contribuínte, ascendente ou descendente, cando sexa unha persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100 e inferior ao 65 por 100.
-
9.390 euros anuais por cada contribuínte, ascendente ou descendente, cando sexa unha persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100.
-
Máis 3.130 euros anuais por cada contribuínte, ascendente ou descendente que acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida, ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por cento.