Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2023.

Supostos especiais de concorrencia de rendas: Anualidades por alimentos en favor dos fillos e rendas exentas con progresividade

O procedemento aplicable no suposto de que existan simultaneamente anualidades por alimentos en favor dos fillos e rendas exentas con progresividade incorpora as especialidades liquidatorias de cada unha das devanditas rendas tal e como se comenta no exemplo seguinte.

Exemplo:

Don J.R.F., residente na Comunidade de Madrid, obtivo no exercicio 2023 unha base liquidable xeral de 23.900 euros. Tamén obtivo rendas exentas con progresividade que ascenden 2.950 euros.

Durante o exercicio satisfixo anualidades por alimentos aos seus fillos por importe de 2.800 euros, segundo o previsto no convenio regulador do divorcio aprobado xudicialmente.

Determinar as cotas íntegras correspondentes ao exercicio 2023, sabendo que o importe do mínimo persoal e familiar ascende a 5.550 euros.

Solución:

1. Determinación das bases para a aplicación das escalas de gravame

Ao satisfacer no exercicio anualidades aos seus fillos por decisión xudicial e resultar a súa contía inferior ao importe da súa base liquidable xeral, a escala xeral e a autonómica do IRPF deben aplicarse separadamente ao importe das anualidades (2.800) e ao importe do resto da base liquidable xeral.

Este último importe determínase incrementando a base liquidable xeral (23.900 euros) na contía das rendas exentas con progresividade (2.950) e diminuíndo o resultado no importe das anualidades por alimentos satisfeitos no exercicio (2.800). En definitiva:

Base "A" = 2.800

Base "B" = (23.900 + 2.950) − 2.800 = 24.050

2. Aplicación das escalas do IRPF ao importe das anualidades, base "A" (2.800 euros)

  • Escala xeral do IRPF

  • 2.800 x 9,50% = 266

    Cota 1 = 266

  • Escala autonómica do IRPF

    2.800 x 8,50% = 238

    Cota 2 = 238

3. Aplicación das escalas de gravame ao resto de base liquidable xeral, base "B" (24.050 euros)

  • Escala xeral do IRPF

    Ata 20.200 = 2.112,75

    Resto: 3.850 ao 15 %= 577,50

    Cota 3 = 2.690,25

  • Escala autonómica do IRPF

    Ata: 19.004,63 = 1.739,53

    Resto: 5.045,37 ao 12,80 %= 645,80

    Cota 4 = 2.385,33

4. Aplicación das escalas de gravame á base liquidable xeral correspondente ao mínimo persoal e familiar incrementado en 1980 euros

Xa que o importe da base liquidable xeral (23.900) é superior ao do mínimo persoal e familiar incrementado en 1980 euros (5.550 + 1980 = 7.530), esta forma parte na súa integridade da base liquidable xeral.

  • Escala xeral do IRPF

    Xa que o importe da base liquidable xeral (23.900) é superior ao do mínimo persoal e familiar incrementado en 1980 euros (5.550 + 1980 = 7.730), esta forma parte na súa integridade da base liquidable xeral.

    7.530 ao 9,50 %= 715,35

    Cota 5 =715,35

  • Escala autonómica do IRPF

  • Neste caso, a contía autonómica do mínimo do contribuínte (fixada en 5.777,55 euros) incrementada en 1980 euros   (5.777,55 + 1980) determina un importe de 7.757,55 euros, inferior á base liquidable xeral (23.900), polo que o devandito importe forma parte na súa integridade da base liquidable xeral.

    7.757,55 ao 8,50 %= 659,39

    Cota 6 = 659,39

5. Cálculo das cotas para os efectos de determinar os tipos medios de gravame

Para determinar os tipos medios de gravame, estatal e autonómico, é preciso calcular previamente as respectivas cotas estatais e autonómica. As devanditas cotas calcúlanse da seguinte forma:

  • Cota estatal = (cota 1 + cota 3  - cota 5):

    266 + 2.690,25 – 715,35 = 2.240,90

  • Cota autonómica = (cota 2 + cota 4  - cota 6):

    238 + 2.385,33 – 659,39= 1.963,94‬

6. Determinación dos tipos medios de gravame

  1. Tipo medio de gravame estatal TME: 2.240,90 ÷ 26.850 x 100 = 8,34%

  2. Tipo medio de gravame autonómico =TMA = 1.963,94 ÷ 26.850 x 100 = 7,31%

7. Determinación da cota íntegra xeral estatal e autonómica

  • Cota íntegra xeral estatal (base liquidable xeral x TME) 23.900 x 8,34% = 1.993,26

  • Cota íntegra xeral autonómica: (base liquidable xeral x TMA) 23.900 x 7,31% = 1.747,09‬