Outras condicións para a aplicación da dedución
Normativa: Art. 68.1.2º Lei IRPF. redacción a 31-12-2012
Para determinar a base da dedución, é dicir, as cantidades investidas con dereito a dedución, deben terse en conta, ademais dos requisitos sinalados anteriormente, as seguintes regras especiais:
-
Cando se adquira unha vivenda habitual gozando da dedución por adquisición doutras vivendas habituais anteriores, non se poderán practicar deducións pola adquisición, rehabilitación ou ampliación da nova vivenda ata que o importe investido nela exceda das cantidades investidas nas anteriores que gozasen de dedución.
-
Cando a transmisión da vivenda habitual xerase unha ganancia patrimonial exenta por reinversión, a base de dedución por adquisición, rehabilitación ou ampliación da nova vivenda habitual minorarase no importe da ganancia patrimonial exenta, non podendose practicar deducións ata que o importe investido supere a suma do prezo de adquisición das vivendas anteriores, na medida en que gozase de dedución, máis a ganancia patrimonial exenta nas anteriores.
De igual xeito, cando a transmisión da vivenda habitual xerase unha ganancia patrimonial parcialmente non suxeita por aplicación da disposición transitoria novena da Lei do IRPF (por ser a data de adquisición anterior a 31 de decembro de 1994), a dedución por adquisición da nova vivenda non poderá comezar ata que o importe investido na mesma non supere as cantidades investidas nas anteriores vivendas habituais, na medida en que gozasen de dedución, máis a ganancia patrimonial que resulte exenta por reinvestimento.
A aplicación dos coeficientes redutores ou de abatemento para determinar a parte da ganancia patrimonial obtida na transmisión de vivendas adquiridas antes do 31 de decembro de 1994 que queda non suxeita ao IRPF por aplicación do que se dispón na da disposición transitoria novena da Lei de IRPF coméntase con máis detalle no Capítulo 11.
Lembre: os contribuíntes que satisfixesen cantidades para a construción da vivenda habitual con anterioridade a 1 de xaneiro de 2013 e terminasen as obras terán dereito a seguir practicando a dedución baixo a modalidade de "adquisición de vivenda habitual" cando utilizasen financiamento alleo, e cumpran os requisitos de terminación en prazo, ocupación e residencia efectiva e permanente previstas para a mesma.