Achegas a Partidos Políticos, Federacións, Coalicións ou Agrupacións de Electores
Normativa: Art. 68.3.c) Lei IRPF
Dan dereito a unha dedución do 20 por 100 as cotas de afiliación e as achegas a Partidos Políticos, Federacións, Coalicións ou Agrupacións de Electores.
A base máxima desta dedución será de 600 euros anuais e estará constituída polas cotas de afiliación e achegas previstas na letra a) do apartado Dous do artigo 2 da Lei Orgánica 8/2007, do 4 de xullo, sobre financiamento dos partidos políticos.
Atención: o importe desta dedución consignarase no recadro [0725] do anexo A.1 da declaración.