Artigo 39.1 LIS (Límite conxunto)
Normativa: Art. 69.2 Lei IRPF e 39.1 e 7. LIS
Os límites de dedución previstos no artigo 39.1 da LIS aplícanse no IRPF sobre a cota que resulte de minorar a suma das cotas íntegras, estatal e autonómica (recadros [0545] e [0546] da declaración), no importe total das deducións por investimento en vivenda habitual (no caso de contribuíntes aos que lles é aplicable o réxime transitorio desta dedución), por investimento en empresas de nova ou recente creación, prevista no artigo 68.1 da Lei do IRPF, e por actuacións para a protección e difusión do Patrimonio Histórico Español e do Patrimonio Mundial (∑ recadros [0547] e [0548]; recadros [0549]; [0550] e [0551], respectivamente).
En relación con estes límites, o artigo 39.1 da LIS, establece que o importe das deducións para incentivar a realización de determinadas actividades (excluída a dedución por gastos de execución dunha produción estranxeira de longametraxes cinematográficas ou de obras audiovisuais ás que se refire o artigo 36.2 da LIS que non se suxeita a estes límites), aplicadas no período impositivo, non poderán exceder conxuntamente do 25 por 100 da cota antes definida.
Non obstante, o devandito límite elévase ao 50 por 100 cando o importe das deducións previstas nos artigos 35 (deducións por actividades de investigación e desenvolvemento e innovación tecnolóxica) e 36 da LIS (deducións por investimentos en producións cinematográficas, series audiovisuais e espectáculos en vivo de artes escénicas e musicais), que corresponda a gastos e investimentos efectuados no propio período impositivo, exceda do 10 por 100 da cota antes definida (isto é, a cota íntegra total do IRPF, minorada nas deducións por protección e difusión do Patrimonio Histórico Español e do Patrimonio Mundial e por investimentos en vivenda habitual e en empresas de nova ou recente creación).
Importante: o importe da dedución que aplique o contribuínte que participa no financiamento (financiador) deberá terse en conta aos efectos da aplicación do límite conxunto do 25 por 100. Non obstante, o devandito límite elevarase ao 50 por 100 cando o importe da dedución prevista nos apartados 1 e 3 do artigo 36 da LIS , que corresponda ao contribuínte que participa no financiamento, sexa igual ou superior ao 25 por 100 da cota á que se fai referencia ao inicio deste apartado. [(∑ recadros [0545] e [0546]) - (∑ recadros [0547] e [0548]; recadros [0549]; [0550] e [0551])]. Véxanse os artigos 39.7 da LIS e 69 da Lei do IRPF.
Cando existan saldos pendentes de deducións de exercicios anteriores, o límite que proceda (25 por 100 ou 50 por 100) aplicarase conxuntamente ás deducións do exercicio 2023 e aos saldos pendentes de exercicios anteriores.
Atención: para os efectos do cálculo deste límite conxunto (25 por 100 ou 50 por 100) non se computará a dedución por producións cinematográficas estranxeiras en España prevista no artigo 36.2 da LIS).