Cadro-resumo: Deducións por obras de mellora de eficiencia enerxética en vivendas
Atención: o cadro ten en conta que o artigo 16 do Real Decreto-lei 8/2023, do 27 de decembro (BOE do 28 de decembro), modificou, con efectos 1 de xaneiro de 2024, a disposición adicional quincuaxésima da Lei do IRPF que regula as deducións por obras de mellora da eficiencia enerxética de vivendas, ampliando o seu ámbito temporal.
Diferenzas | Dedución por obras de mellora que reduzan a demanda de calefacción e refrixeración (1) | Dedución por obras de mellora que reduzan o consumo de enerxía primaria non renovable (2) | Dedución por obras de rehabilitación enerxética de edificios (3) |
---|---|---|---|
Tipo de vivenda (en propiedade) |
|
Excluídas: segundas residencias, vivendas turísticas, parte afecta a actividade económica, prazas de garaxe, rochos, xardíns, piscinas, instalacións deportivas e elementos análogos. |
Todo tipo de vivendas en propiedade, agás as vivendas afectas a actividades económicas. Se asimilan ás vivendas as prazas de garaxe e rochos adquiridos conxuntamente. |
Prazo para realizar as obras e aboaras | Desde 06-10-2021 ata 31.12.2024 | Desde 06.10.2021 ata 31.12.2024 | Desde 06.10.2021 ata 31.12.2025 |
Período impositivo en que pode practicarse a dedución | No período impositivo en que se expida o certificado de eficiencia enerxética. Se se satisfan cantidades con anterioridade á súa expedición incluiranse todas no período en que se practique a dedución. O certificado de despois das obras, debe ser expedido antes de 01.01.2025. | No período impositivo en que se expida o certificado de eficiencia enerxética. Se se satisfan cantidades con anterioridade á súa expedición incluiranse todas no período en que se practique a dedución. O certificado de despois das obras, debe ser expedido antes de 01.01.2025. | A dedución practicarase nos períodos impositivos 2021, 2022, 2023, 2024 e 2025, en relación coas cantidades satisfeitas en cada un deles , sempre que se expedise, antes da finalización do período impositivo en que se vaia a practicar a dedución, o certificado de eficiencia enerxética. O certificado expedido despois das obras debe ser expedido antes de 01.01.2026. |
Certificado eficiencia enerxética | Redución de polo menos un 7% a suma dos indicadores de demanda de calefacción e refrixeración (certificado de eficiencia enerxética da vivenda posterior ás obras respecto do anterior) | Redución de polo menos un 30% o indicador de consumo de enerxía primaria non renovable ou obtéñase unha cualificación enerxética “A” ou “B” (certificado de eficiencia enerxética da vivenda posterior ás obras respecto do anterior) | Redución de polo menos un 30% o indicador de consumo de enerxía primaria non renovable ou obtéñase unha cualificación enerxética “A” ou “B” (certificado de eficiencia enerxética edificio posterior ás obras respecto do anterior) |
Porcentaxe de dedución | 20% | 40% | 60% |
Base de dedución |
As cantidades satisfeitas pola realización das obras que se paguen por calquera medio excluído as entregas de diñeiro de curso legal. Non se inclúen nas devanditas cantidades os custos relativos á instalación ou substitución de equipos que utilicen combustibles de orixe fósil. Descontaranse da base as subvencións concedidas. |
As cantidades satisfeitas pola realización das obras que se paguen por calquera medio excluído as entregas de diñeiro de curso legal. Non se inclúen nas devanditas cantidades os custos relativos á instalación ou substitución de equipos que utilicen combustibles de orixe fósil. Descontaranse da base as subvencións concedidas. |
As cantidades satisfeitas pola realización das obras que se paguen por calquera medio excluído as entregas de diñeiro de curso legal. Non se inclúen nas devanditas cantidades os custos relativos á instalación ou substitución de equipos que utilicen combustibles de orixe fósil. Para obras realizadas polas Comunidades de propietarios. A base será o resultado de aplicar ás cantidades satisfeitas pola comunidade o coeficiente de participación que o contribuínte tivese na mesma. Descontaranse da base as subvencións concedidas. |
Base anual máxima por declaración | 5.000 € | 7.500 € | 5.000 € |
Límite máximo plurianual (base acumulada) | Non | Non | 15.000 € |
Remanente para os exercicios seguintes |
Non | Non | As cantidades satisfeitas non deducidas por exceder da base máxima anual de dedución poderán deducirse, co mesmo límite, nos catro exercicios seguintes, sen que en ningún caso a base acumulada da dedución poida exceder de 15.000 euros |