Exemplo: Dedución por obras de mellora que reduzan o consumo de enerxía primaria non renovable
O matrimonio formado por don T.P e dona P.Z, casados en réxime legal de gananciais, realizan en marzo de 2023 obras na súa vivenda habitual (situado nun edificio de uso residencial) que consistiron na instalación de paneis illantes (trasdosados) nas paredes e de illamento térmico nos falsos teitos. Así mesmo, instalouse un novo sistema de calefacción e de aire acondicionado por aerotermia na vivenda.
O importe total (incluída a expedición e rexistro dos certificados de eficiencia enerxética) ascendeu a 28.000 euros. O importe fixose efectivo en dous pagamentos. Un ao inicio da obra por unha contía de 20.000 euros e outro ao final polo resto (8.000 euros). Os pagamentos leváronse a cabo mediante cheques nominativos.
Ademais, solicitouse e obtivose unha subvención do programa de fomento da mellora da eficiencia enerxética e a sostibilidade en vivendas por contía de 8.000 euros.
Para acreditar o cumprimento dos requisitos esixidos para a práctica desta dedución solicitouse a expedición dun certificado eficiencia enerxética antes e despois das obras. Este último foi expedido o 20 de decembro de 2023 e supuxo a cualificación da vivenda como clase enerxética «B», na escala de consumo de enerxía.
Determinar o importe da dedución para 2023, tanto en tributación individual como en conxunta.
Solución:
Contribuínte don T.P:
-
Base de dedución: 20.000 euros ÷ 2 = 10.000. (2 cónxuxes)
Nota: do total importe pago (28.000 euros) descóntase o importe da subvención pública obtida (8.000 euros). Polo tanto, 28.000- 8.000 = 20.000
-
Base máxima da dedución: 7.500 euros
-
Importe da dedución: (7.500 x 40 %) = 3.000
Contribuínte dona P.Z:
-
Base de dedución: 20.000 euros ÷ 2 = 10.000. (2 cónxuxes)
Nota: Do total importe pago (28.000 euros) descóntase o importe da subvención pública obtida (8.000 euros). Polo tanto, 28.000- 8.000 = 20.000
-
Base máxima da dedución: 7.500 euros
-
Importe da dedución: (7.500 x 40 %) = 3.000
Declaración conxunta de don T.P. e dona P.Z
-
Base de dedución: 20.000 euros = 20.000
-
Base máxima da dedución: 7.500 euros
-
Importe da dedución: (7.500 x 40 %) = 3.000