Exemplo: Dedución por obras de mellora para a redución da demanda de calefacción e refrixeración
O matrimonio formado por don J.P e dona R.L, casados en réxime legal de gananciais, realiza o 27 de xuño de 2023 na súa vivenda habitual a substitución de todas as xanelas (marco e acristalamento) por dobres xanelas para conseguir maior eficiencia no illamento térmico da vivenda por un importe total de 8.900 euros que se fixeron efectivos o 30 de xuño de 2023 mediante transferencia bancaria.
Polo cambio de xanelas solicitou e obtivo unha axuda da súa Comunidade Autónoma de residencia que ascendeu a 1.500 euros.
Ademais, noutra vivenda da súa titularidade alugada realizou durante o mes de decembro o cambio da caldeira de gas por unha de biomasa, o que supón un 13 por 100 de aforro enerxético. O custo total da nova caldeira ascende a 3.500 euros, que se satisfixeron o 15 de decembro de 2023.
Para acreditar o cumprimento dos requisitos esixidos para a práctica desta dedución solicitouse en ambas as dúas vivendas a expedición dun certificado de eficiencia enerxética antes e despois das obras.
Na súa vivenda habitual emitiuse un certificado o 15 de maio de 2023 que foi inscrito no correspondente rexistro (antes das obras) e outro o 22 de xullo de 2023 (inscrito o 25 de novembro de 2023), resultando unha redución dun 20 por 100 na suma dos indicadores de demanda de calefacción e refrixeración do certificado de eficiencia enerxética expedido polo técnico competente. O importe dos certificados ascendeu a 100 euros.
No caso da vivenda alugada, dispúñase dun certificado de eficiencia enerxética de menos de dous anos de antigüidade e tras o cambio de caldeira en decembro de 2023 expediuse novo certificado o 30 de decembro de 2023 por importe de 80 euros que acredita o citado aforro do 13 por 100.
Determinar o importe da dedución para 2023 en tributación individual e en conxunta.
Solución:
Teñase en conta que inicialmente esta dedución estendíase ata o 31 de decembro de 2022, pero que, primeiro, o o artigo 21 do Real Decreto-lei 18/2022, do 18 de outubro, polo que se aproban medidas de reforzo da protección dos consumidores de enerxía e de contribución á redución do consumo de gas natural en aplicación do "Plan + seguridade para a túa enerxía (+SE)" así como medidas en materia de retribucións do persoal ao servizo do sector público e de protección das persoas traballadoras agrarias eventuais afectadas pola seca (BOE do 19 de outubro) e despúes, o artigo 16 do Real Decreto-lei 8/2023, do 27 de decembro, polo que se adoptan medidas para afrontar as consecuencias económicas e sociais derivadas dos conflitos en Ucraína e Oriente Próximo, así como para paliar os efectos da seca (BOE do 28 de decembro) modificaron o ámbito temporal das deducións por obras de mellora da eficiencia enerxética de vivendas que regula a disposición adicional quincuaxésima da Lei do IRPF, ampliandoo ata o 31 de decembro de 2024.
Contribuínte don J.P.
-
Base de dedución: 3.750
8.900 euros (obras) + 100 euros (certificados) – 1.500 euros (axuda obtida) ÷ 2 = 3.750 euros
Teñase en conta que as subvencións derivadas do Plan Renove de substitución de xanelas das distintas Comunidades Autónomas son obtidas polo xeral polos beneficiarios en forma de desconto que, na factura de adquisición e instalación dos bens, aplícanlles as entidades colaboradoras do programa, as cales tramitan a subvención en representación do beneficiario, aplicandoa na factura en concepto de anticipo ao mesmo.
-
Base máxima da dedución: 5.000 euros
-
Importe da dedución: (3.750 x 20 %) = 750
Contribuínte dona R.L.
-
Base de dedución:
8.900 euros (obras) + 100 euros (certificados) – 1.500 euros (axuda obtida) ÷ 2 = 3.750 euros
-
Base máxima da dedución: 5.000 euros
-
Importe da dedución: (3.750 x 20 %) = 750
Declaración conxunta de don J.P. e dona R.L.
-
Base de dedución:
8.900 euros (obras) + 100 euros (certificados) – 1.500 euros (axuda obtida) = 7.500 euros
-
Base máxima da dedución: 5.000 euros
-
Importe da dedución: (5.000 x 20 %) = 1.000