Por adopción de fillos no ámbito internacional
Normativa: Art. 12 Lei 5/2021, do 20 de outubro, de Tributos Cedidos da Comunidade Autónoma de Andalucía
Contía da dedución
600 euros por cada fillo adoptado no período impositivo en que se inscribise a adopción no Rexistro Civil, sempre que se trate dunha adopción de carácter internacional.
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
-
Que se trate dunha adopción de carácter internacional.
Con esta finalidade entenderase que a adopción ten carácter internacional cando así resulte das normas e convenios aplicables a esta materia.
-
Que a suma das bases impoñibles xerais e do aforro do contribuínte, recadros [0435] e [0460] da declaración, non supere as seguintes cantidades:
-
Cando sexan dous os contribuíntes que teñan dereito á aplicación desta dedución, o seu importe distribuirase por partes iguais.
Agora ben, se un dos adoptantes non pode aplicar a dedución por superar as bases impoñibles establecidas para ese fin o outro poderá aplicar o importe total da dedución.
Incompatibilidade
Esta dedución non é compatible coa aplicación da dedución autonómica “Por nacemento ou adopción de fillos ou acollemento familiar de menores”.