Polo nacemento ou adopción dun fillo
Normativa: Art. 1.3 Lei 21/2001, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, da Comunidade Autónoma de Cataluña
(*) Este artigo foi modificado polo artigo 39 da Lei 2/2021, do 29 de decembro, de medidas fiscais, financeiras, administrativas e do sector público (DOGC 31-12-2021- BOE 21-01-2022)
Contía da dedución
Polo nacemento ou adopción dun fillo durante o período impositivo:
-
150 euros na declaración individual de cada un dos proxenitores.
-
300 euros en caso de declaración conxunta de ambos os dous proxenitores.
- 300 euros en caso de declaración do proxenitor ou proxenitora dunha familia monoparental.
De acordo co artigo 4 do Decreto 151/2009, do 29 de setembro, de desenvolvemento parcial da Lei 18/2003, do 4 de xullo, de apoio ás familias (DOGC 01-10-2009) considéranse familias monoparentais:
-
As familias monoparentais son aquelas que están formadas por un ou máis fillos ou fillas que cumpren os requisitos establecidos no apartado 3 do artigo 4 e que conviven e dependen economicamente dunha soa persoa.
-
Considéranse, en todo caso, familias monoparentais as seguintes:
-
Aquela en que o pai ou a nai, con fillos ou fillas a cargo, convive ao mesmo tempo con outra persoa ou persoas e non ten relación matrimonial ou de unión estable de parella con ningunha delas , de acordo coa lexislación civil catalá.
-
Aquela constituída por unha persoa viúva ou en situación equiparada, con fillos ou fillas que dependan economicamente dela , sen que a este efecto se teña en conta a percepción de pensións de viuvez ou orfandade).
-
Aquela en que a persoa proxenitora que ten a tutela dos fillos ou fillas non percibe pensión polos alimentos deles ou elas establecida xudicialmente ou, aínda percibindoa, esta é inferior á metade do importe do indicador de renda de suficiencia de Cataluña (IRSC) vixente mensual por cada fillo ou filla.
-
Aquela en que a persoa proxenitora con fillos ou fillas a cargo sufriu violencia de acordo coa Lei 5/2008, do 24 de abril, do dereito das mulleres a erradicar a violencia machista, por parte da outra persoa proxenitora ou convivente.
-
Aquela en que a persoa proxenitora con fillos ou fillas a cargo sufriu abandono de familia por parte da outra persoa proxenitora ou convivente.
- Aquela en que unha das persoas proxenitoras conviventes estivese durante un período igual ou superior a un ano en situación de privación de liberdade, hospitalización ou outras causas similares.
-
De acordo co artigo 4.5 do Decreto 151/2009 unha familia monoparental perde esta condición, no momento en que a persoa que encabeza a devandita unidade familiar contraia matrimonio con outra persoa ou constitúa unha unión estable de parella de acordo coa lexislación civil catalá, ou ben cando a unidade familiar deixa de cumprir calquera das condicións establecidas no citado Decreto para ter a condición de familia monoparental.
Ademais, teñase en conta que, de acordo co artigo 6 de do Decreto 151/2009, o recoñecemento da condición de familia monoparental a aquelas familias residentes en Cataluña que reúnen os requisitos establecidos, efectúase mediante a expedición do título que o acredita.