Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2023.

Para contribuíntes viúvos

Normativa: Arts. 7 e 12 bis Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Extremadura en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2018, do 10 de abril

Contía da dedución

  • 100 euros, con carácter xeral, para contribuínte viúvo.

  • 200 euros, se o contribuínte viúvo ten ao seu cargo un ou máis descendentes que, de conformidade co artigo 58 da Lei IRPF, computan para os efectos de aplicar o mínimo por descendentes.

    A dedución de 200 euros poderá aplicarse sempre que algún dos descendentes dea dereito a aplicar o mínimo por descendentes e non perciba ningún tipo de renda.

Requisitos para a aplicación da dedución

  • Que  a suma das bases impoñibles xerais e do aforro , recadros [0435] e [0460] da declaración, non supere as seguintes cantidades:

    1. En xeral:

      - 19.000 euros en tributación individual.

      - 24.000 euros en tributación conxunta.

    2. No suposto de que o contribuínte resida habitualmente en municipios e entidades locais menores cunha poboación inferior a 3.000 habitantes:

      Atención: neste suposto, se o contribuínte pertence a unha familia numerosa, non existirá ningún límite.

      As condicións necesarias para a consideración de familia numerosa e a súa clasificación por categorías determinaranse de acordo co que se establece na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de Protección ás Familias Numerosas (BOE do 19 de novembro).

      - 28.000 euros en tributación individual.

      - 45.000 euros en tributación conxunta.

      En caso de matrimonio, este límite de 45.000 euros aplicarase sempre que polo menos un do cónxuxes tivese a súa residencia habitual durante o período impositivo nalgún dos municipios ou entidades locais menores cunha poboación inferior a 3.000 habitantes.

      A residencia habitual determinarase de acordo cos criterios definidos no artigo 9 da Lei do IRPF, pero circunscrito ao ámbito do municipio ou entidade local menor.

      Pode consultar os municipios e entidades locais menores cunha poboación inferior a 3.000 habitantes na seguinte ligazón: "Municipios e entidades locais menores cunha poboación inferior a 3.000 habitantes".

  • Non terán dereito á aplicación desta dedución os contribuíntes que foren condenados, en virtude de sentenza firme, por delitos de violencia de xénero contra o cónxuxe falecido.

Incompatibilidade

Esta dedución é incompatible para o contribuínte en estado de viuvez coa aplicación da dedución "por traballo dependente".