Por coidado de fillos menores
Normativa: Art. 5.Cinco Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo
Contía e límites máximos da dedución
-
O 30 por 100 das cantidades satisfeitas no período polos contribuíntes que, por motivos de traballo, por conta propia ou allea, teñan que deixar aos seus fillos menores ao coidado dunha persoa empregada do fogar ou en escolas infantís de 0-3 anos.
-
O límite máximo da dedución é de:
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
-
Que os fillos teñan tres ou menos anos de idade (tanto para xerar o dereito á dedución como para facer cómputo para a dedución incrementada), á data de devindicación do imposto (normalmente, o 31 de decembro).
-
Que ambos os dous pais realicen unha actividade por conta propia ou allea, pola que estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade.
-
Que cando a dedución sexa aplicable por gastos dunha persoa empregada no fogar, esta estea dada de alta no Sistema Especial para Empregados do Fogar do Réxime Xeral da Seguridade Social.
-
Que a suma das bases impoñibles xerais e do aforro minorado no importe dos mínimos persoal e familiar, suma dos recadros [0435] e [0460] da declaración menos o importe do recadro [0520] da declaración, non sobrepase os seguintes importes:
-
Cando máis dun contribuínte teña dereito á aplicación desta dedución, por cumprir os requisitos anteriores, o seu importe ratearase entre eles.