Por familia numerosa
Normativa: Art. 5.Tres.2 Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo
Contía da dedución
O contribuínte que posúa o título de familia numerosa á data de devindicación do IRPF poderá deducir da cota íntegra autonómica as cantidades seguintes:
-
En xeral:
-
Contribuínte ou descendentes con discapacidade igual ou superior ao 65 por 100:
Cando o contribuínte ou algún dos descendentes que dean dereito a aplicar esta dedución teña o grao de discapacidade citado, a dedución anterior duplicarase. Polo tanto:
Quen aplica o incremento:
En tributación individual o incremento só poderá aplicaro o contribuínte que teña recoñecido o grao de discapacidade indicado sobre a contía que lle corresponda.
O incremento que corresponda en tributación individual ao contribuínte con discapacidade, aplicarase en idéntica contía na tributación conxunta.
Precisión: de acordo co artigo 3. Tres do Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado o grao de discapacidade terá que acreditarse mediante certificado ou resolución expedida polo órgano competente. En particular, considerarase acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100 no caso dos pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez e no caso dos pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
Igualmente, considerarase acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100 cando se trate de persoas cuxa incapacidade sexa declarada xudicialmente, aínda que non acade o devandito grao, así como nos casos de dependencia severa e gran dependencia, sempre que estas últimas situacións fosen recoñecidas polo órgano competente, de acordo co que se establece no artigo 28 da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.
Teñase en conta que, a partir da entrada en vigor da Lei 8/2021 de reforma do Código Civil, as referencias realizadas á incapacitación xudicial, esténdense ás resolucións xudiciais en que se establece a curadoría representativa das persoas con discapacidade.
Requisitos e outras condicións
-
O concepto de familia numerosa e a súa clasificación por categorías contéñense na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas (BOE do 19 de novembro).
O contribuínte debe posuír o título de familia numerosa na data de devindicación do imposto (normalmente, o 31 de decembro).
- Cando máis dun contribuínte teña dereito á aplicación da dedución respecto dos mesmos descendentes, o seu importe será rateado entre eles por partes iguais.
Incompatibilidade
A presente dedución resulta incompatible coa prevista no punto anterior, “Para familias con dous fillos e fillas”.