Por nacemento
Novidade 2023 : tras ao establecemento da dedución por nacemento con efectos desde o 26 de novembro de 2023 advírtese os contribuíntes:
-
Que contan coa posibilidade de solicitar o aboamento anticipado da dedución , susceptible de posterior regularización na declaración de IRPF.
-
En caso de insuficiencia da súa cota íntegra autónomica poderán así mesmo solicitar o aboamento da diferenza entre a dedución aplicada á declaración e o importe da dedución que lle corresponda.
Normativa: Art. 6 ter Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma das Illes Balears en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2014, do 6 de xuño
Atención : esta dedución non resulta aplicable a contribuíntes falecidos antes do 26 de novembro de 2023.
Contía da dedución
-
800 euros polo primeiro fillo ou filla.
-
1.000 euros polo segundo fillo ou filla.
-
1.200 euros polo terceiro fillo ou filla.
-
1.400 euros polo cuarto fillo ou filla e seguintes.
Para os efectos de determinar o dereito a esta dedución e o número de orde do fillo nado, teran en contase os fillos que convivan co contribuínte e para os que se poida aplicar o mínimo por descendentes á data de devindicación do imposto, e computaranse tanto os fillos naturais como os adoptivos.
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
-
Que o contribuínte fose residente fiscal nas Illes Balears no exercicio anterior ao do nacemento.
-
Que o fillo ou filla nada no período impositivo xere o dereito á aplicación do mínimo por descendentes.
-
Que a suma da base impoñible xeral e a do aforro, recadros [0435] e [0460] do contribuínte, non supere os seguintes importes:
-
En xeral:
-
No suposto de familias numerosas ou familias monoparentais con dous ou máis fillos ou fillas previstas no artigo 7.7 da Lei 8/2018, do 31 de xullo, de apoio ás familias:
Con esta finalidade, son familias numerosas tanto as que determina a Lei 40/2003, do 18 de novembro, de Protección ás Familias Numerosas como as familias monoparentais cun fillo con discapacidade recoñecida do 33% ou superior.
Adicionalmente, de acordo cos apartados 1 e 2 do artigo 7 da Lei 8/2018, do 31 de xullo, de apoio ás familias:
-
-
Cando concorran dous contribuíntes con dereito á dedución e non opten pola tributación conxunta, o importe ratearase entre estes a partes iguais.
-
No caso de que o número de fillos de cada contribuínte dea lugar á aplicación dun importe diferente, ambos os dous aplicaranse a dedución que corresponda en función do número de fillos preexistentes. Se se dá esta circunstancia e a declaración é conxunta, a dedución será a suma de que correspondería a cada un se a declaración fóra individual.
Aboamento anticipado
Os contribuíntes con dereito á aplicación desta dedución poderán solicitar á consellaría competente en materia de facenda, nos termos que se establezan mediante unha Orde da persoa titular da citada consellaría, o aboamento anticipado desta dedución, que será, se corresponde, obxecto de regularización no momento de presentar a declaración do imposto.
Teñase en conta que en 2023 non se produciu ningún aboamento anticipado ao non ser aprobada a correspondente Orde.
Orde de aplicación e saldo pendente de aplicación
-
No caso de que esta dedución concorra con outras deducións autonómicas, esta aplicarase en primeiro lugar .
-
Se hai insuficiencia de cota íntegra autonómica, de xeito que non se poida aplicar esta dedución na contía total, o contribuínte poderá solicitar á consellaría competente en materia de facenda o aboamento da diferenza entre a dedución aplicada á declaración e o importe da dedución que lle corresponda, nos termos que se fixen mediante unha orde da persoa titular da citada consellaría.
-
A renda imputable ao contribuínte que, se é o caso, resulte terá a consideración de prestación pública por nacemento aos efectos do artigo 7.h) da Lei do IRPF.
Incompatibilidade
Esta dedución será incompatible coa percepción de axudas e prestacións públicas concedidas ou outorgadas pola comunidade autónoma das Illes Balears por causa de nacemento.
Importante : os contribuíntes que solicitasen o aboamento anticipado da dedución deberán facero constar na súa declaración de IRPF.