Por acollemento familiar de menores
Normativa: Art. 13 Texto Refundido das disposicións legais do Principado de Asturias en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 2/2014, do 22 de outubro
Contía da dedución
-
500 euros por cada menor en réxime de acollemento familiar, sempre que conviva co menor 183 días durante o período impositivo.
-
250 euros por cada menor acollido en réxime de acollemento familiar, se o tempo de convivencia durante o período impositivo fóra superior a 90 e inferior a 183 días.
Requisitos e outras condicións da dedución
-
O acollemento familiar de urxencia, temporal e permanente, con exclusión daqueles que teñan finalidade preadoptiva.
Precisión: teñase en conta que a Lei 26/2015, do 28 de xullo, pola que se modifica o sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE do 29 de xullo) modificou, con efectos desde 18 de agosto de 2015, o artigo 173 bis do Código Civil que regula as modalidades de acollemento familiar para fixar como tales actualmente o acollemento familiar de urxencia, temporal e permanente. Así mesmo, a citada lei engadiu un novo artigo 176 bis regulando a delegación de garda para a convivencia preadoptiva.
-
Cando exista máis dun contribuínte con dereito á aplicación da dedución e estes realicen declaración individual do imposto, a dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles .