Para familias numerosas
Normativa: Art. 11 do Texto Refundido das disposicións legais do Principado de Asturias en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 2/2014, do 22 de outubro
Contía da dedución
Os contribuíntes que formen parte dunha unidade familiar que, á data de devindicación do imposto (normalmente, o 31 de decembro), ostente o título de familia numerosa expedido pola autoridade competente en materia de servizos sociais terán dereito a deducir a cantidade que proceda das seguintes:
-
1.000 euros, cando se trate de familia numerosa de categoría xeral.
-
2000 euros, cando se trate de familia numerosa de categoría especial.
Equipásense a familia numerosa de categoría xeral, aos efectos da presente dedución, as familias que a data de devindicación do imposto estean constituídas por un ou dous ascendentes con dous fillos, sexan ou non comúns. Neste suposto só terá dereito a esta dedución o contribuínte cuxa base impoñible non resulte superior a 35.000 euros en tributación individual nin a 45.000 euros en tributación conxunta.
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
-
As condicións necesarias para a consideración de familia numerosa e a súa clasificación por categorías determinaranse de acordo co que se establece na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas (BOE do 19 de novembro).
-
A dedución unicamente resultará aplicable nos supostos de convivencia do contribuínte co resto da unidade familiar á data de devindicación do imposto (normalmente, o 31 de decembro).
-
Cando exista máis dun contribuínte con dereito á aplicación da dedución á data de devindicación do imposto (normalmente, o 31 de decembro) e estes realicen declaración individual do imposto, a dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles , aplicandose o beneficio fiscal unicamente na declaración daqueles que cumpran as condicións establecidas para ser beneficiarios da mesma.
Con esta finalidade debe terse en conta que a determinación do número de persoas con dereito a aplicar a dedución realízase sen ter en consideración se as súas bases impoñibles son ou non inferiores ás esixidas para poder aplicara de forma efectiva.