Pola obtención de axudas ou subvencións outorgadas polo Principado de Asturias a doentes de Esclerose Lateral Amiotrófica
Normativa: Art. 14 quaterdecies Texto Refundido das disposicións legais do Principado de Asturias en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 2/2014, do 22 de outubro
Contía da dedución
Cando o contribuínte integrase na base impoñible xeral o importe correspondente a unha subvención ou calquera outra axuda pública outorgada polo Principado de Asturias a doentes de Esclerose Lateral Amiotrófica, poderá aplicar unha dedución na cota íntegra polo importe que resulte de aplicar os tipos medios de gravame á contía da subvención ou axuda que se integre na base liquidable.