Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2023.

Para fomentar o exercicio físico e a práctica deportiva

Normativa: Art. 32.17 Lei 10/2017, do 27 de outubro, pola que se consolidan as disposicións legais da Comunidade Autónoma de La Rioja en materia de impostos propios e tributos cedidos

Contías e límites da dedución

  • O 30 por 100 dos gastos do contribuínte, do cónxuxe e daquelas persoas que dean dereito á aplicación do mínimo persoal e familiar, nos seguintes servizos relativos ao exercicio físico e a práctica deportiva:

    1. Os prestados en ximnasios e instalacións deportivas.

    2. Os prestados por entidades inscritas no Rexistro do Deporte de La Rioja.

    3. As clases para a práctica do deporte ou a educación física.

    4. As licenzas federativas emitidas por unha federación rioxana.

  • O 100 por 100 dos gastos  nos servizos anteriores nos casos de maiores de 65 anos e persoas con discapacidade en grao igual ou superior ao 33 por 100.

  • O límite máximo de dedución aplicable é de 300 euros anuais.

Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución

  • Os servizos deben estar orixinados no período impositivo e ser realizados no ámbito territorial de La Rioja.

  • A práctica da dedución está condicionada á súa xustificación documental mediante a correspondente factura completa ou ordinaria, nos termos previstos pola lexislación sobre as obrigas de facturación, sen que en ningún caso teña tal condición a factura simplificada.

  • Cando varios contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución, as cantidades satisfeitas e o límite da mesma ratearanse por partes iguais.