Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2023.

Para paliar a subida dos intereses dos préstamos hipotecarios destinados á adquisición de vivenda habitual

Normativa: Disposición adicional segunda Lei 10/2017, do 27 de outubro, pola que se consolidan as disposicións legais da Comunidade Autónoma de La Rioja en materia de impostos propios e tributos cedidos

Contía da dedución

O 15 por 100 das cantidades dedicadas no exercicio ao pagamento dos intereses de préstamos ou créditos hipotecarios destinados ao financiamento da adquisición da vivenda habitual do contribuínte.

Equiparanse á adquisición a rehabilitación e a adecuación por razón de discapacidade, definidas na normativa do IRPF  na súa redacción vixente a 31 de decembro de 2012.

Base da dedución

  • A base desta dedución estará constituída polos intereses satisfeitos polo contribuínte unha vez minorado nas cantidades obtidas pola aplicación de instrumentos de cobertura do risco de tipo de xuro variable dos préstamos hipotecarios.

  • A base máxima anual  será de 5.000 euros por vivenda habitual.

Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución

  • Que a vivenda estea situada no territorio da Comunidade Autónoma de La Rioja.

  • Que constitúa ou vaia a constituír a vivenda habitual do contribuínte .

    Entenderase por vivenda habitual aquela en que o contribuínte resida de maneira efectiva durante o maior número de días no exercicio.

  • Que a vivenda fose adquirida con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2013.

Incompatibilidade

Esta dedución é incompatible coas deducións autonómicas "Por adquisición, construción ou rehabilitación de vivenda habitual en pequenos municipios" e "Por investimento en vivenda habitual de mozos menores de 36 anos" e coa dedución estatal por investimento en vivenda habitual.

Ámbito temporal para a aplicación da dedución.

Esta dedución resulta aplicable exclusivamente nos exercicios 2023 e 2024.