Orde de aplicación das deducións sobre a cota íntegra autonómica
Sobre a cota íntegra autonómica do exercicio 2023 as deducións autonómicas aplicaranse na seguinte orde :
-
O importe das deducións do exercicio 2023.
-
O importe das deducións "Por familia numerosa", "Por nacemento ou adopción de fillos", "Por partos múltiples ou adopcións simultáneas", "Por gastos de adopción", "Por coidado de fillos menores" e "Por cotas á Seguridade Social de empregados do fogar "pendentes de aplicación de exercicios anteriores (2020, 2021 e 2022) e o importe da dedución por paternidade pendente de aplicación polo exercicio 2020.
Importante : os importes destas deducións xeradas en 2020, 2021 e 2022 pendentes de aplicación consignaranse, respectivamente, nos recadros [0981], [0982] e [0983] e o que se aplique no exercicio 2023 no recadro [0984] (aplicarase primeiro a dedución xerada en 2020, recadro [0981], posteriormente a dedución xerada en 2021, recadro [0982], e finalmente a dedución xerada en 2022, recadro [0983]). A diferenza, se existise, entre a dedución pendente dos exercicios 2021 e 2022 e o importe aplicado, trasladarase, respectivamente, aos recadros [0998] e [0999]).
A devolución das deducións xeradas en 2020 e non aplicadas no exercicio 2023 poderase solicita á Xunta de Castilla y León conforme ao procedemento establecido.