Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2023.

Por adopción internacional de nenos

Normativa: Art. 5 Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade de Madrid en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2010, de 21 outubro

Contía da dedución

721,70 euros por cada fillo adoptado no período impositivo, sempre que se trate dunha adopción de carácter internacional.

Condicións para a aplicación da dedución

  • A adopción ten carácter internacional cando así resulte das normas e convenios aplicables a esta materia.

  • Cando o neno adoptado conviva con ambos os dous pais adoptivos o importe da dedución incrementarase nun 50 por 100, e ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles se estes optasen pola tributación individual.

Compatibilidade

Esta dedución é compatible coa dedución anterior "Por nacemento ou adopción de fillos".