Polo pagamento de intereses de préstamos para a adquisición de vivenda por mozos menores de trinta anos
Normativa: Art. 12 Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade de Madrid en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2010, de 21 outubro
Contía da dedución
-
O 25 por 100 dos intereses satisfeitos durante o período impositivo por préstamos hipotecarios obtidos para a adquisición da vivenda que constitúa ou vaia a constituír a vivenda habitual do contribuínte.
Considerarase vivenda habitual a que se axusta á definición e requisitos establecidos na disposición adicional vixésimo terceira da Lei do IRPF, e na súa normativa de desenvolvemento, na súa redacción vixente desde o 1 de xaneiro de 2013.
-
O límite máximo da dedución é de 1.031 euros, tanto en tributación individual coma en tributación conxunta.
Requisitos para a aplicación da dedución
-
Que os contribuíntes teñan unha idade inferior a 30 anos.
No caso de que só un dos propietarios cumpra a devandita circunstancia de idade ao longo do período impositivo, será este contribuínte o único que poida aplicar a dedución nese período impositivo polas cantidades que satisfixese correspondentes á súa cota de titularidade na vivenda.
Importante : a dedución resultará aplicable polos intereses satisfeitos ata o mes anterior a aquel en que o contribuínte cumpra os 30 anos de idade.