Regularización pola percepción do importe do aboamento anticipado de forma indebida, total ou parcialmente
Deben distinguirse dous supostos:
• Contribuíntes non obrigados a declarar
Os contribuíntes non obrigados a presentar declaración polo IRPF deberán regularizar a súa situación tributaria cando o importe percibido por cada unha das deducións por familia numerosa, por persoas con discapacidade ou por ascendentes con dous fillos non se corresponda co do seu aboamento anticipado, mediante o ingreso das cantidades percibidas en exceso. Para iso deben presentar o modelo 122 no prazo comprendido entre a data en que os pagamentos anticipados se percibisen de forma indebida ata que finalice o prazo para a presentación da declaración do IRPF correspondente ao exercicio en que se percibise o pagamento anticipado de forma indebida.
Atención: véxase a Orde HFP/105/2017, do 6 de febreiro, pola que se aproba o modelo 122 "Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. Deducións por familia numerosa, por persoas con discapacidade a cargo ou por ascendente con dous fillos separados legalmente ou sen vínculo matrimonial. Regularización do dereito á dedución por contribuíntes non obrigados a presentar declaración" (BOE do 10 de outubro).
• Contribuíntes obrigados a declarar
No caso de contribuíntes obrigados a declarar que percibisen o importe do aboamento anticipado de forma indebida, total ou parcialmente, deberán proceder a regularizar a súa situación na declaración do IRPF correspondente ao exercicio en que se percibise o aboamento anticipado indebidamente.