A. En xeral
Poderán aplicar estas deducións os seguintes contribuíntes:
-
Os que realicen unha actividade por conta propia ou allea pola que estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade.
-
Os que perciban prestacións contributivas e asistenciais do sistema de protección do desemprego.
No suposto dos desempregados, para ter dereito a aplicar as deducións cómpre estar cobrando unha prestación, contributiva ou asistencial, do sistema de protección do desemprego. Non sendo suficiente con estar inscrito como demandante de emprego.
-
Os que perciban pensións abonadas polo Réxime Xeral e os Réximes especiais da Seguridade Social ou polo Réxime de Clases Pasivas do Estado.
Non dan dereito ás deducións as prestacións xeradas pola Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia.
-
Os que perciban prestacións análogas ás anteriores recoñecidas aos profesionais non integrados no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores por conta propia ou autónomos polas Mutualidades de Previsión Social que actuen como alternativas ao réxime especial da Seguridade Social mencionado, sempre que se trate de prestacións por situacións idénticas ás previstas para a correspondente pensión da Seguridade Social.
A aplicación das deducións esténdese aos contribuíntes dados de alta no estranxeiro en sistemas públicos de protección social análogos á Seguridade Social española ou ás mutualidades de previsión social alternativas á Seguridade Social, e aos que reciben prestacións por desemprego ou pensións de réximes públicos de previsión social correspondentes a Estados distintos de España.
No caso de que o contribuínte perciba prestacións obtidas dun plan de pensións, non se cumpre o requisito esixido legalmente de que o beneficiario, realice unha actividade por conta propia ou allea pola que estea dada de alta no réxime correspondente de Seguridade Social ou mutualidade, ou ben que perciba prestacións contributivas e asistenciais do sistema de protección do desemprego, pensións abonadas polo Réxime Xeral e os Réximes especiais da SS ou polo Réxime de Clases Pasivas do Estado, así como os contribuíntes que perciban prestacións análogas ás anteriores recoñecidas aos profesionais non integrados no réxime especial da Seguridade Social, polo que non teñen dereito á dedución.