Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2023.

Normativa

Na normativa tanto estatal coma autonómica optouse pola ligazón ao texto consolidado do BOE, en canto  documento que integra no texto orixinal da  norma as modificacións e correccións que tivo desde a súa orixe. Non obstante, cando non exista texto consolidado indicarase, especificamente, na normativa afectada, esa condición.

A Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado ofrece ademais do último texto consolidado e actualizado das principais normas do ordenamento xurídico, as versións intermedias que corresponden a cada unha das modificacións que sufriu ao longo do tempo.

Cada vez que unha norma consolidada é obxecto dunha modificación posterior, aparece  no texto consolidado do BOE un aviso debaixo da listaxe de versións, indicando que a última actualización está en proceso. O tempo que media entre a publicación no BOE da modificación e a elaboración dunha nova versión consolidada que a incorpore, habitualmente é de entre 1 e 3 días laborables, segundo informa o portal web do BOE.

Advertencia : para determinar a normativa aplicable en 2023 teña en conta, no texto consolidado, as entradas en vigor e as datas desde as que producen efecto as modificacións introducidas nos distintos artigos e disposicións.

  1. Normativa básica estatal
  2. Normas autonómicas en relación ao IRPF (disposicións legais)