Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2024. Tomo 2. Deducións autonómicas
Procesando...

Por ocupación de prazas declaradas de difícil cobertura nas Illes Balears

Normativa: Art. 7 ter Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma das Illes Balears en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2014, do 6 de xuño

A. Contribuíntes falecidos con anterioridade ao 13 de decembro de 2024

Contía da dedución

30 por 100 da cota íntegra autonómica para os contribuíntes que ocupen prazas declaradas de difícil cobertura durante o período impositivo en que efectivamente ocupen estas prazas.

Requisito para a aplicación da dedución

Que os contribuíntes  teñan a súa residencia habitual e efectiva nas Illes Balears durante o período impositivo en que efectivamente ocupen estas prazas.

B. Resto de contribuíntes

Contía da dedución

O 40 por 100 dos gastos satisfeitos durante o exercicio en concepto de adquisición ou construción ou alugamento da vivenda nas Illes Balears ou do transporte aéreo ou marítimo interinsular dos contribuíntes.

No suposto de adquisición ou construción da vivenda , o inmoble constituirá a vivenda habitual do contribuínte e os gastos deducibles son, unicamente, os intereses inherentes aos préstamos con garantía hipotecaria da vivenda construída ou adquirida.

Requisitos para a aplicación da dedución

  • Que l vos contribuíntes perciban, de acordo coa lexislación vixente aplicable no ámbito do sector público da Administración da comunidade autónoma das Illes Balears, o complemento de difícil ou de moi difícil cobertura durante todo o período impositivo ou máis da metade deste período.

    A dedución tamén resulta aplicable a contribuíntes que ocupen postos de traballo da Policía Nacional ou da Garda Civil con destino efectivo nas Illes Balears durante todo o período impositivo ou máis da metade deste período, que se entenderán para estes fins como de difícil cobertura.

    Para determinar o importe máximo deducible polo contribuínte, débense ter en conta todos os gastos satisfeitos no exercicio e efectuados durante o período en que perciba o complemento de difícil ou de moi difícil cobertura ou, se é o caso, teña destino efectivo nas Illes Balears.

  • Que a  suma da base impoñible xeral e a do aforro , recadros  [0435] e  [0460] do contribuínte, non supere o importe de  52.800 euros  en tributación individual e de  84.480  euros en tributación conxunta.

Límites máximos da dedución

  1. En xeral:

    • - 2000 euros, cando a suma da base impoñible xeral e a do aforro , recadros  [0435] e  [0460] do contribuínte, non supere o importe de 33.000 euros en tributación individual e de 52.800 euros en tributación conxunta.

    • - 1.000 euros, cando a suma da base impoñible xeral e a do aforro , recadros  [0435] e  [0460] do contribuínte, non supere o importe de 52.800 euros en tributación individual e de 84.480 euros en tributación conxunta.

  2. Contribuíntes que ocupen postos de traballo da Policía Nacional ou da Garda Civil con destino efectivo na illa de Mallorca :

    • - 1.400 euros, cando a suma da base impoñible xeral e a do aforro , recadros  [0435] e  [0460] do contribuínte, non supere o importe de 33.000 euros en tributación individual e de 52.800 euros en tributación conxunta.

    • - 700 euros, cando a suma da base impoñible xeral e a do aforro , recadros  [0435] e  [0460] do contribuínte, non supere o importe de 52.800 euros en tributación individual e de 84.480 euros en tributación conxunta.

  3. Contribuíntes que ocupen postos de traballo da Policía Nacional ou da Garda Civil con destino efectivo na illa de Formentera :

    • - 2.600 euros, cando a suma da base impoñible xeral e a do aforro , recadros  [0435] e  [0460] do contribuínte, non supere o importe de 33.000 euros en tributación individual e de 52.800 euros en tributación conxunta.

    • - 1.300 euros, cando a suma da base impoñible xeral e a do aforro , recadros  [0435] e  [0460] do contribuínte, non supere o importe de 52.800 euros en tributación individual e de 84.480 euros en tributación conxunta.

Importante : nos casos de destino en diferentes illas nun mesmo período impositivo, os límites máximos da dedución ratearanse en función dos días de destino en cada unha das illas.