Comunidade Autónoma das Illes Balears
Os contribuíntes que en 2024 tivesen a súa residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma das Illes Balears poderán aplicar as seguintes deducións autonómicas:
- Por determinados investimentos de mellora da sostibilidade na vivenda habitual
- Por arrendamento da vivenda habitual no territorio das Illes Balears
- Por determinadas subvencións e axudas outorgadas por razón dunha declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil
- Para compensar o incremento do custo dos préstamos ou créditos hipotecarios con tipo de xuro variable (dedución temporal)
- Por gastos de adquisición de libros de texto
- Por gastos de aprendizaxe extraescolar de idiomas estranxeiros
- Para cursar estudos de educación superior fóra da illa de residencia habitual
- Para o arrendador de bens inmobles destinados a vivenda permanente no territorio das Illes Balears. Primas de seguros
- Para o arrendador de bens inmobles destinados a vivenda permanente no territorio das Illes Balears. Outros gastos
- Por arrendamento de vivenda no territorio das Illes Balears derivadas do traslado temporal de residencia por motivos laborais
- Por doazóns a determinadas entidades destinadas á investigación, o desenvolvemento científico ou tecnolóxico, ou a innovación
- Por doazóns, cesións de uso ou contratos de comodato e convenios de colaboración empresarial, relativos ao mecenado cultural, científico e de desenvolvemento tecnolóxico e ao consumo cultural
- Por doazóns, cesións de uso ou contratos de comodato e convenios de colaboración, relativos ao mecenado deportivo
- Por doazóns a determinadas entidades que teñan por obxecto o fomento da lingua catalá
- Por doazóns a entidades do terceiro sector
- Para os declarantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou con descendentes con esta condición
- Por gastos relativos aos descendentes ou acollidos menores de seis anos por motivos de conciliación
- Por nacemento
- Por adopción
- Por gastos relativos aos ascendentes maiores de 65 anos
- Por determinados gastos relativos a persoas maiores de 65 anos ou a persoas con discapacidade
- Por gastos derivados da esclerose lateral amiotrófica (ELA)
- Por investimento na adquisición de accións ou de participacións sociais de novas entidades ou de recente creación
- Para o fomento da autoocupación
- Por ocupación de prazas declaradas de difícil cobertura nas Illes Balears