Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2024. Tomo 1
Procesando...

B. Supostos específicos do IRPF

Lembre: as modificacións de declaracións correspondentes a períodos impositivos anteriores a 2024 efectuaranse de acordo co sistema anterior previsto no artigo 67 bis, na redacción dada polo Real decreto 1074/2017, do 29 de decembro. Polo tanto, nos supostos que se analizan a continuación, as referencias efectuadas á autoliquidación rectificativa teñen que entenderse realizadas ás autoliquidacións complementarias na medida en que afecten a autoliquidacións de exercicios anteriores a 2024 e, en consecuencia, terá que consultarse o manual de renda que corresponda ao período impositivo afectado.

Cando o resultado da autoliquidación rectificativa sexa un importe a ingresar superior ou a devolver inferior ao da autoliquidación inicial o contribuínte deberá indicar o motivo concreto de corrección sinalando o que corresponda de entre algún dos seguintes supostos:

  1. 1. Percepción de atrasos de rendementos do traballo
  2. 2. Devolución de cantidades derivadas das cláusulas de limitación de tipos de xuro de préstamos (cláusulas solo) que tivesen a consideración de gasto deducible en exercicios anteriores
  3. 3. Cambios de residencia entre Comunidades Autónomas cuxo obxecto principal consista en lograr unha menor tributación efectiva
  4. 4. Disposición de dereitos consolidados por mutualistas, partícipes ou asegurados
  5. 5. Disposición de bens ou dereitos achegados ao patrimonio protexido de persoas con discapacidade
  6. 6. Perda total ou parcial do dereito á exención por reinvestimento en vivenda habitual e en entidades de nova ou recente creación
  7. 7. Perda do dereito á exención por reinvestimento en rendas vitalicias
  8. 8. Perda da exención de determinadas retribucións en especie
  9. 9. Perda da exención da indemnización percibida por despedimento ou cesamento
  10. 10. Recompra de elementos patrimoniais que orixinasen perdas computadas na declaración