Por adopción
Normativa: Art. 6 quater Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma das Illes Balears en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2014, do 6 de xuño
Contía da deduccións
800 euros polo primeiro fillo ou filla.
1.000 euros polo segundo fillo ou filla.
1.200 euros polo terceiro fillo ou filla.
1.400 euros polo cuarto fillo ou filla e seguintes.
Para os efectos de determinar o dereito a esta dedución e o número de orde do fillo adoptado, teranse en conta os fillos que convivan co contribuínte e para os cales se poida aplicar o mínimo por descendentes á data de devengo do imposto, e computaranse tanto os fillos naturais coma os adoptivos.
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
Que o fillo ou filla adoptado no período impositivo xere o dereito á aplicación do mínimo por descendentes.
Que a suma da base impoñible xeral e a do aforro, casas [0435] y [0460] do contribuínte, non supere os seguintes importes:
En xeral:
No suposto de familias numerosas o familias monoparentais con dous ou máis fillos ou fillas previstas no artigo 7.7 da Lei 8/2018, do 31 de xullo, de apoio ás familias:
Cando concorran dous contribuíntes con dereito á dedución e non opten pola tributación conxunta, o importe ratearase entre estes a partes iguais.
No caso de que o número de fillos de cada contribuínte dea lugar á aplicación dun importe diferente, cada un aplicarase a metade da dedución que lle corresponda en función do número de fillos preexistente. Se se dá esta circunstancia e a declaración é conxunta, a dedución será a suma da que correspondería a cada un se a declaración fose individual.
- Esta dedución non resultará aplicable en caso de adopción do fillo do cónxuxe ou da parella de feito.
Ámbito temporal de aplicación da dedución
A dedución só aplicarase no período impositivo en que se inscribise a adopción no Rexistro Civil.
Orde de aplicación e saldo pendente de aplicación
No caso de que esta dedución concorra con outras deducións autonómicas, esta aplicarase en primeiro lugar.
A aplicación desta dedución non pode dar como resultado unha cota líquida negativa.
Se hai insuficiencia de cota íntegra autonómica, de maneira que non se poida aplicar esta dedución na contía total, o contribuínte pode solicitar á consellaría competente en materia de facenda, nos termos que se fixen mediante unha orde da persoa titular da citada consellaría, o aboamento do importe que non se puidese deducir.
A renda imputable ao contribuínte que poida resultar ten a consideración de prestación pública por adopción, exenta de gravame en aplicación do artigo 7.h) da Lei do IRPF.
Incompatibilidade
Esta dedución resulta incompatible coa percepción de axudas e prestacións públicas concedidas ou outorgadas pola comunidade autónoma das Illes Balears por causa de nacemento.
Importante: unha vez introducida polos contribuíntes con dereito á dedución a información necesaria para o seu cálculo, será automaticamente trasladada ao apartado "Información adicional ás deducións autonómicas das Illes Balears por nacemento e adopción" do Anexo B.13 da declaración.