Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2025. Parte 2. Deducións autonómicas

Comunidade Autónoma das Illes Balears

Os contribuíntes que en 2025 tivesen a súa residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma das Illes Balears poderán aplicar as seguintes deducións autonómicas:

  1. Por determinados investimentos de mellora da sostibilidade na vivenda habitual
  2. Por arrendamento da vivenda habitual no territorio das Illes Balears
  3. Por determinadas subvencións e axudas outorgadas por razón dunha declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil
  4. Por gastos de adquisición de libros de texto
  5. Por gastos de aprendizaxe extraescolar de idiomas estranxeiros
  6. Para cursar estudos de educación superior fóra da illa de residencia habitual
  7. Para o arrendador de bens inmobles destinados a vivenda permanente no territorio das Illes Balears. Primas de seguros
  8. Para o arrendador de bens inmobles destinados a vivenda permanente no territorio das Illes Balears. Outros gastos
  9. Por arrendamento de vivenda no territorio das Illes Balears derivadas do traslado temporal de residencia por motivos laborais
  10. Para compensar os gastos derivados dunha vivenda ocupada ilegalmente ou por razón de suspensión do lanzamento
  11. Por doazóns a determinadas entidades destinadas á investigación, o desenvolvemento científico ou tecnolóxico, ou a innovación
  12. Por doazóns, cesións de uso ou contratos de comodato e convenios de colaboración empresarial, relativos ao mecenado cultural, científico e de desenvolvemento tecnolóxico e ao consumo cultural
  13. Por doazóns, cesións de uso ou contratos de comodato e convenios de colaboración, relativos ao mecenado deportivo
  14. Por doazóns a determinadas entidades que teñan por obxecto o fomento da lingua catalá
  15. Por doazóns a entidades do terceiro sector
  16. Para os declarantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou con descendentes con esta condición
  17. Por gastos relativos aos descendentes ou acollidos menores de seis anos por motivos de conciliación
  18. Por nacemento
  19. Por adopción
  20. Por determinados gastos relativos a persoas maiores de 65 anos ou a persoas con discapacidade
  21. Por gastos derivados da esclerose lateral amiotrófica (ELA)
  22. Por investimento na adquisición de accións ou de participacións sociais de novas entidades ou de recente creación
  23. Para o fomento da autoocupación
  24. Por ocupación de prazas declaradas de difícil cobertura nas Illes Balears