Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2025. Parte 2. Deducións autonómicas

Para os declarantes con minusvalidez física, psíquica ou sensorial ou con descendentes con esta condición

Normativa: Art. 6 Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma das Illes Balears en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2014, do 6 de xuño

Contía e requisitos para a aplicación da dedución

  • Por cada contribuínte e, no seu caso, por cada membro da unidade familiar, residente na Comunidade Autónoma das Illes Balears, que teñan a consideración legal de persoas con minusvalidez, establécense as deducións seguintes segundo a natureza e grao da súa minusvalidez:

    • - 88 euros en caso de minusvalidez física ou sensorial de grao igual ou superior ao 33 e inferior ao 65 por 100.

    • - 165 euros en caso de minusvalidez física ou sensorial de grao igual ou superior ao 65 por 100.

    • - 165 euros en caso de minusvalidez psíquica de grao igual ou superior ao 33 por 100.

    Respecto aos graos de minusvalidez véxase a disposición adicional primeira do Texto Refundido das Disposicións Legais da Comunidade Autónoma das Illes Balears en materia de Tributos Cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2014, do 6 de xuño.

  • A aplicación desta dedución está condicionada a que a suma da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro do contribuínte, casas [0435] y [0460] da declaración, non supere as seguintes contías:

    • - 33.000 euros en tributación individual.

    • - 52.800 euros en tributación conxunta.

  • No caso de que os cónxuxes tributen de forma individual e teñan dereito á aplicación do mínimo familiar por descendentes, cada un terá dereito a aplicarse integramente a dedución. Tamén resulta aplicable a dedución pola minusvalidez do cónxuxe, ao formar parte da unidade familiar, con independencia de que este último a aplique na súa propia declaración.