Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2025. Parte 2. Deducións autonómicas

Por ocupación de prazas declaradas de difícil cobertura nas Illes Balears

Normativa: Art. 7 ter Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma das Illes Balears en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2014, do 6 de xuño

Contía da dedución

O 40 por 100 dos gastos satisfeitos durante o exercicio en concepto de adquisición ou construción ou aluguer da vivenda nas Illes Balears ou do transporte aéreo ou marítimo interinsular dos contribuíntes.

No suposto de adquisición o construción da vivenda, o inmoble constituirá a vivenda habitual do contribuínte e os gastos deducibles son, unicamente, os intereses inherentes aos préstamos con garantía hipotecaria da vivenda construída ou adquirida.

Requisitos para a aplicación da dedución

  • Que lvos contribuíntes perciban, de acordo coa lexislación vixente aplicable no ámbito do sector público da Administración da comunidade autónoma das Illes Balears, o complemento de difícil ou de moi difícil cobertura durante todo o período impositivo ou máis da metade deste período.

    A dedución tamén resulta aplicable a contribuíntes que ocupen postos de traballo da Policía Nacional ou da Garda Civil con destino efectivo nas Illes Balears durante todo o período impositivo ou máis da metade deste período, que se entenderán para estes efectos como de difícil cobertura.

    Para determinar o importe máximo deducible polo contribuínte, débense ter en conta todos os gastos satisfeitos no exercicio e efectuados durante o período no que perciba o complemento de difícil ou de moi difícil cobertura ou, no seu caso, teña destino efectivo nas Illes Balears.

  • Que a suma da base impoñible xeral e a do aforro, casas [0435] y [0460] do contribuínte, non supere o importe de 52.800 euros en tributación individual e de 84.480 euros en tributación conxunta.

Límites máximos da dedución

Atención: os límites aplícanse por declaración.

  1. En xeral:

    • - 2.000 euros, cando a suma da base impoñible xeral e a do aforro, casas [0435] y [0460] do contribuínte, non supere o importe de 33.000 euros en tributación individual e de 52.800 euros en tributación conxunta.

    • - 1.000 euros, cando a suma da base impoñible xeral e a do aforro, casas [0435] y [0460] do contribuínte, non supere o importe de 52.800 euros en tributación individual e de 84.480 euros en tributación conxunta.

  2. Contribuíntes que ocupen postos de traballo da Policía Nacional ou da Garda Civil con destino efectivo na illa de Mallorca:

    • - 1.400 euros, cando a suma da base impoñible xeral e a do aforro, casas [0435] y [0460] do contribuínte, non supere o importe de 33.000 euros en tributación individual e de 52.800 euros en tributación conxunta.

    • - 700 euros, cando a suma da base impoñible xeral e a do aforro, casas [0435] y [0460] do contribuínte, non supere o importe de 52.800 euros en tributación individual e de 84.480 euros en tributación conxunta.

  3. Contribuíntes que ocupen postos de traballo da Policía Nacional ou da Garda Civil con destino efectivo na illa de Formentera:

    • - 2.600 euros, cando a suma da base impoñible xeral e a do aforro, casas [0435] y [0460] do contribuínte, non supere o importe de 33.000 euros en tributación individual e de 52.800 euros en tributación conxunta.

    • - 1.300 euros, cando a suma da base impoñible xeral e a do aforro, casas [0435] y [0460] do contribuínte, non supere o importe de 52.800 euros en tributación individual e de 84.480 euros en tributación conxunta.

Importante: nos casos de destino en diferentes illas nun mesmo período impositivo, os límites máximos da dedución se ratearán en función dos días de destino en cada unha das illas.