Por gastos relativos aos descendentes ou acollidos menores de seis anos por motivos de conciliación
Normativa: Art. 6 bis Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma das Illes Balears en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2014, do 6 de xuño
Contías e límites máximos da deduccións
En xeral: o 40 por 100 do importe anual satisfeito polos gastos derivados da prestación dos seguintes servizos a descendentes ou acollidos menores de seis anos:
Estanzas de nenos de 0 a 3 anos en escolas infantís ou en gardarías.
Servizo de custodia, servizo de comedor e actividades extraescolares de nenos de 3 a 6 anos en centros educativos.
Contratación laboral dunha persoa para coidar do menor.
En tales casos o límite máximo da dedución aplicable será de 660 euros anuais.
O 50 por 100 do importe anual satisfeito polos gastos anteriores no caso de contribuíntes que á data de devengo do imposto cumpran algún dos seguintes requisitos:
En todos os casos anteriores o importe máximo da dedución será de 900 euros anuais.
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
Que os contribuíntes desenvolvan actividades por conta allea ou por conta propia xeradoras de rendementos do traballo ou de rendementos de actividades económicas.
Que a suma da base impoñible xeral e do aforro do contribuínte, casas [0435] y [0460]da declaración, non supere as seguintes contías:
En xeral:
No suposto de familias numerosas de categoría xeral o monoparentais:
No suposto de familias numerosas de categoría especial:
Importante: no suposto de contribuíntes falecidos con anterioridade ao 11 de xullo de 2025 que tivesen formado parte dunha familia numerosa, de categoría xeral ou especial, resultará aplicable o límite de 39.600 euros en tributación individual.
Que o pago dos gastos que dan dereito á dedución se faga mediante tarxeta de crédito ou de débito, transferencia bancaria, cheque nominativo ou ingreso en contas de entidades de crédito.
No suposto de dedución dos gastos da contratación dunha persoa empregada, esta ten que estar dada de alta no réxime especial para empregados do fogar da Seguridade Social.
Cando dous contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución e opten pola declaración individual, o límite máximo da dedución tense que ratear entre eles por partes iguais.
Se todos os descendentes ou acollidos deixan de ser menores de seis anos ao longo do ano, o límite máximo da dedución (660 ou 900 euros) tense que ratear pola suma do número de días en que os descendentes ou acollidos fosen menores de seis anos durante o ano natural. Tamén se ten que ratear do mesmo modo o límite máximo da dedución se os descendentes naceron ou foron adoptados ao longo do ano, ou se os menores foron acollidos ao longo do ano.
Incompatibilidade
A presente dedución resulta incompatible coa aplicación da dedución autonómica "Por determinados gastos relativos a persoas maiores de 65 anos ou a persoas con minusvalidez".