Reducións por achegas ao patrimonio protexido
Persoas cuxas achegas dan dereito á redución
-
As que teñan unha relación de parentesco en liña directa ou colateral ata o terceiro grao inclusive, coa persoa con discapacidade.
-
O cónxuxe da persoa con discapacidade.
-
As que o tivesen ao seu cargo en réxime de tutela ou acollemento.
En ningún caso dan dereito a redución as achegas efectuadas pola propia persoa con discapacidade ao seu propio patrimonio protexido.
Contía da redución
As achegas realizadas (monetarias ou non monetarias), darán dereito a reducir a base impoñible do aportante , co límite máximo de 10.000 € anuais.
O conxunto das reducións practicadas por todas as persoas que efectúen achegas a favor dun mesmo patrimonio protexido non poderá exceder de 24.250 € anuais. Cando proceder reducir achegas debe facerse de forma proporcional.
Cando as achegas excedan dos límites previstos ou naqueles casos en que non proceda a redución por insuficiencia de base impoñible, terase dereito a redución nos catro períodos impositivos seguintes, ata esgotar en cada un deles os importes máximos de redución. En caso de concorrencia aplicarase en primeiro lugar a redución de exercicios anteriores.