Patrimonios protexidos de persoas con discapacidade
A Lei 41/2003 do 18 de novembro, de protección patrimonial das persoas con discapacidade, ten como obxectivo favorecer a constitución de fondos patrimoniais vinculados á satisfacción das necesidades vitais das persoas con discapacidade. Por iso, establece unha serie de medidas para favorecer as achegas a título gratuíto aos patrimonios protexidos reforzando os beneficios fiscais a favor das persoas con discapacidade.