Tratamento fiscal das achegas recibidas para o contribuínte con discapacidade
-
Cando os aportantes sexan persoas físicas, terán a consideración de rendementos do traballo ata o importe de 10.000 € anuais por cada aportante e 24.250 € anuais en conxunto.
-
Cando os aportantes sexan suxeitos pasivos do Imposto sobre Sociedades (IS), terán a consideración de rendementos do traballo sempre que fosen gasto deducible no IS, co límite de 10.000 € anuais. Este límite é independente do anterior.
Cando estas achegas se realicen a favor dos parentes, cónxuxes ou persoas a cargo dos empregados do aportante , só terán a consideración de rendementos do traballo para o titular do patrimonio protexido.
Estes rendementos están exentos ata un máximo anual de 3 veces o IPREM. Este límite aplícase desde o 1 de xaneiro de 2015 de forma individual e separada para as prestacións en forma de renda, derivadas de sistemas de previsión social de persoas con discapacidade (límite: 23.725,80 €).