Saltar ao contido principal
Manual de Importación e Exportación de envíos de escaso valor

2.5.2. Inscrición nos rexistros do declarante (EIDR)

A  EIDR é unha simplificación aduaneira que require unha autorización que pode concederse en determinadas condicións e de acordo cuns criterios específicos definidos na lexislación aduaneira (artigo 182 do CAU ). Ambos os dous tipos de EIDR (a saber, presentando as mercadorías e con dispensa da obriga de presentaras) poden empregarse para os efectos de declarar  EEV para o seu despacho a libre práctica de acordo co réxime especial e o mecanismo ordinario de recadación do   IVE no momento da importación.

Non obstante, esta simplificación non é axeitada para o réxime da IOSS, xa que os requisitos de validación do número de identificación para os efectos do IVE da IOSS e de notificación mensual non poden satisfacerse nin por medio da EIDR coa obriga de presentar as mercadorías, nin por medio da EIDR con dispensa da devandita obriga. Así mesmo, é preciso ter en conta que, en caso de EIDR, non é posible dispensar da obriga de presentar a declaración complementaria, con independencia do mecanismo de recadación do IVE empregado.