Saltar ao contido principal
Manual de Importación e Exportación de envíos de escaso valor

2.5. Outros (simplificacións, presentación única)

O uso da declaración en aduana co conxunto de datos H7 é facultativo e depende da elección da persoa que o presente. Se non se utiliza, a devandita persoa podería optar no seu lugar por usar unha declaración en aduana normal co conxunto de datos completo ou unha declaración en aduana simplificada. Non obstante, esta última require introducir máis elementos de datos que a declaración en aduana para determinados envíos de escaso valor, é dicir, a declaración en aduana co conxunto de datos H7.

Para os envíos postais mánténse a posibilidade de usar a declaración en aduana co conxunto de datos H6.

Todos os requisitos relativos á validación do número de identificación para os efectos do   IVE da IOSS, a garantía da recadación do IVE e a notificación ao sistema Vixilancia son de aplicación.

  1. 2.5.1. Declaración simplificada (DS)
  2. 2.5.2. Inscrición nos rexistros do declarante (EIDR)
  3. 2.5.3. Despacho centralizado
  4. 2.5.4. Réxime aduaneiro con código de réxime 42/63
  5. 2.5.5. Presentación única da declaración en aduana e a declaración sumaria de entrada (DSE)