Saltar ao contido principal
Manual de Importación e Exportación de envíos de escaso valor

2.5.5. Presentación única da declaración en aduana e a declaración sumaria de entrada (DSE)

O elemento esencial desta posibilidade constitúeo o principio de que os datos facilitados á interface compartida para operadores económicos, do Sistema de Control da Importación 2 (ICS2), poden servir a dous propósitos distintos: as obrigas da  DSE e as da declaración en aduana.

No contexto do despacho a libre práctica de envíos de escaso valor, a persoa que presenta a declaración proporciona os datos sos unha vez e o máis axiña posible, e posteriormente as autoridades aduaneiras úsanos para os distintos propósitos requiridos. Isto implicará que a declaración en aduana co conxunto de datos H7 presentarase canda os datos da declaración sumaria de entrada a través da interface compartida para operadores económicos do ICS2 (punto único de entrada).

Non obstante, esta posibilidade non se contempla antes da implantación da versión 2 do ICS2 (prevista para o 1 de marzo de 2023) e aínda así é moi incerta, xa que esta funcionalidade non se desenvolveu en detalle e, polo tanto, nesta fase non está previsto que se inclúa na versión 2.